Entrimo convoca unha praza de chofer de rozadoira dentro do programa CooperOU 2026
O Concello de Entrimo vén de aprobar a convocatoria e bases para a selección dun chofer de rozadoira dentro do programa CooperOU 2026.
A praza corresponde a persoal laboral temporal, cunha duración de 6 meses e xornada completa.
📄 Datos da convocatoria
- Expediente: 160/2026
- Procedemento: Selección de persoal e provisión de postos
- Resolución: Aprobada por Alcaldía o 9 de abril de 2026
📝 Presentación de solicitudes
- As instancias deberán dirixirse ao alcalde.
- Poderán presentarse:
- No rexistro xeral do Concello
- Ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015
- Prazo: 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense
ℹ️ Consulta das bases
- Taboleiro de anuncios do Concello
- Sede electrónica: https://entrimo.sedelectronica.es
- Oficinas municipais en horario de atención ao público
- BOPOURENE




Comments