Vilar de Santos convoca unha praza temporal de chofer de tractor con rozadoira
O Concello de Vilar de Santos vén de publicar unha convocatoria para a contratación laboral temporal dun/unha chofer de tractor con rozadoira.
Datos principais da convocatoria:
- Número de prazas: 1
- Posto: Chofer de tractor con rozadoira
- Tipo de contrato: Laboral temporal
- Duración: 6 meses
- Xornada: Completa (40 horas semanais, de luns a venres)
- Sistema de selección: Concurso de méritos
Prazo de solicitude:
As persoas interesadas dispoñen de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP.
Lugar de presentación:
As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello a través da sede electrónica:
vilardesantos.sedelectronica.gal
Máis información:
O texto íntegro das bases pode consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal:
www.vilardesantos.gal




Comments