Convocatoria para a contratación de 3 peóns de obras públicas no Concello de Avión
Convocatoria para a selección do persoal que se indica con cargo á subvención da Deputación ao abeiro do Plan provincial de obras e servizos para 2026:
1.- Prazas para cubrir: 3 peóns de obras públicas.
2.- Duración do contrato: 6 meses.
3.- Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción.
4.- Sistema de selección: valoración de méritos e realización de probas prácticas de carácter eliminatorio.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.
6.- Exposición das bases: o texto completo estará publicado no Taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello de Avión.




Comments