Skip to main content

Novas prazas de emprego no Concello da Fonsagrada (Lugo)

O Concello da Fonsagrada publica as bases para a contratación temporal de diversos perfís profesionais dentro do Programa de reforzo do emprego 2026, financiado pola Deputación de Lugo.

📝 Prazas convocadas

  • 1 Monitor/a de Turismo e Tempo Libre.

  • 1 Palista.

  • 1 Soldador/a.

  • 3 Albaneis.

  • 2 Tractoristas.

  • 2 Peóns de obras e servizos.

  • 2 Peóns de limpeza viaria (a xornada do 50%).

📅 Datos clave

  • Prazo de solicitude: 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP de Lugo (Publicado o 17/04/2026).

  • Onde presentar a solicitude: No Rexistro Xeral do Concello (electrónico ou físico) ou polas canles previstas na Lei 39/2015.

  • Bases completas: Dispoñibles no taboleiro de anuncios e na web oficial www.afonsagrada.org.

Comments