Skip to main content

Praza de Arquitecto no Concello de Ames

É obxecto desta convocatoria, o nomeamento de funcionario/a interino/a través do sistema selectivo de concurso-oposición, dunha praza pertencente ao grupo “A”, subgrupo “A1”, encadrado na Escala de Administración Especial, subescala Técnica, baixo a denominación “Arquitecto”.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/20/2026_0000002316.html

Comments