Skip to main content

Cinco prazas de Peóns no Concello de Ribeira

As presentes bases teñen como obxecto regular o procedemento de selección de cinco persoas desempregadas, en risco de exclusión laboral para a súa posterior contratación como peóns para a execución de obras e servizos municipais, no marco da subvención que lle foi concedida a este concello pola Deputación Provincial da Coruña para fomentar o emprego nos concellos a través da execución de pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos servizos básicos municipais (BOP número 38, de 26 de febreiro de 2026 - Resolución número 2026/7246, do 23 de febreiro, pola que se aproba a concesión das axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2026 (PEL-CONCELLOS 2026). Todo elo de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no RD-Lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo e demais disposicións de pertinente aplicación.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida á señora Alcaldesa, en modelo que se engade como ANEXO I, nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base 3ª desta convocatoria. Os/as aspirantes con algunha discapacidade terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa da mesma. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) durante o prazo de SETE (7) DÍAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/27/2026_0000002580.html

Comments