Skip to main content

Bolsa de emprego en Vehículo motobomba no Concello de Ribeira

A presente convocatoria ten por obxecto regular a formación dunha bolsa de emprego no Concello de Ribeira coa finalidade de dotar ó mesmo dunha bolsa que permita atender presentes e futuras necesidades desta Administración local mediante a contratación laboral temporal de condutores/as de vehículo motobomba para a prestación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, en virtude do Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local Concello de Ribeira, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico das Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detallle no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, horario de verán de 9:00 a 13:30 horas) durante o prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/28/2026_0000002601.html

Comments