Praza de Axente local de inovación no Concello de Arteixo
É obxecto desta convocatoria e bases establecer as normas reguladoras do proceso selectivo, a través de procedemento de oposición libre, para a cobertura temporal dunha praza de Axente Local de Innovación, funcionario interino por programa/proxecto (artigo 10.1.c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (en diante TREBEP), para execución do proxecto ALI (Axente Local de Innovación, no marco da Axenda Urbana e Rural de Arteixo 2026-2030).
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de instancias, desta convocatoria, será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. As bases publicaranse tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica e, complementariamente na web municipal aos meros efectos informativos, sen que tal publicidade na web sirva para determinación algunha de prazos establecidos neste proceso selectivo.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/05/2026_0000002731.html




Comments