Tres prazas de Bombeiro-condutor no Concello de Santiago de Compostela
Estas bases específicas teñen por obxecto regular a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres (3) prazas de bombeiro/a condutor/a da escala de administración especial, subescala servizos especiais, en quenda libre e mediante o sistema de oposición, que figuran como vacantes nos cadros de persoal funcionario do Concello de Santiago de Compostela e foron incluídas na correspondente oferta de emprego público do ano 2023 (BOP núm. 238, do 15/12/2023).
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Máis infromación aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/05/2026_0000002748.html




Comments