Skip to main content

Seis prazas de Operarios de Servizos Múltiples no Concello de Outes

É obxecto desta convocatoria a selección de persoal laboral temporal para executar diferentes obras públicas e prestar servizos mínimos municipais, ao abeiro do programa de emprego aprobado pola Deputación Provincial de A Coruña e publicado no BOP nº 197 do 15 de outubro 2025, que se concreta na contratación laboral, a tempo completo, de (6) seis operarios/as de servizos múltiples para brigada municipal de obras e servizos, así como a creación dunha bolsa de emprego coas persoas aspirantes que superen o proceso selectivo.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes, que se cumprimentarán de conformidade coa instancia que figura no Anexo I, será de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e que finalizará ás 23:59 horas do décimo día hábil.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/08/2026_0000002839.html

Comments