Skip to main content

Praza de Arquitecto Técnico no Concello de Ordes

Mediante resolución de alcaldía se aprobou a corrección de erro material das bases reguladoras do proceso selectivo para a praza de arquitecto técnico como funcionario de carreira como funcionario de carreira polo procedemento de concurso-oposición (OEP 2023).

O texto corrixido é o seguinte:

Formación: Puntuación máxima : 5 puntos Cursos de formación: valoraránse os cursos de formación acreditados ata a data de publicación da convocatoria deste proceso selectivo, con contido directamente relacionado ca praza de arquitecto técnico en relación as funcións propias do posto a desempeñar e que sexan accións formativas homologadas impartidas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), demais administración públicas, universidades públicas, colexios profesionais, sindicatos e cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap, que estean directamente relacionados coas funcións e competencias profesionais propias da praza á que se opta.

A modificación das condicións non da dereito a unha ampliación do tempo de inscrición nin abre un novo plazo de inscrición.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/08/2026_0000002859.html

Comments