Tres Prazas de Peóns de Brigada de Prevención e Loita Contra Incendios no Concello de Camariñas
É obxecto da presente convocatoria a regulación da contratación de 3 PEÓNS/PEOAS ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CAMARIÑAS, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.
As solicitudes irán dirixidas á Alcaldía, presentaranse no Rexistro Xeral das oficina municipais en horario de oficina ou no Rexistro telemático (sede electrónica), durante o prazo de 5 días HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, esta anunciarase a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas (sinalándose a data de publicación no Boletín Oficial da Provincia).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/18/2026_0000003097.html




Comments