Programa Talento Rural Activo: Tres prazas, dous Xardineiros Forestais e un peón de Obras no Concello de Vedra
Bases para a contratación de dous xardineiros/as forestais e un peón de obras públicas (oficiais de terceira) no concello de Vedra para o fomento do emprego no medio rural (Suma Talento: Rural Activo 2026) da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Vedra (https://sede.vedra.es/) e na web municipal (https://www.concellodevedra.es).
As persoas aspirantes serán preseleccionadas pola Oficina Pública de Emprego de Santiago Norte, que remitirá lista provisional, previa oferta presentada polo Concello de Vedra.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/18/2026_0000003069.html




Comments