Skip to main content
director

Curso de Director/a de Tempo Libre 2026

A Escola de Tempo Libre de Cáritas Diocesana de Santiago organiza unha nova edición do curso de Director/a de Tempo Libre, que se desenvolverá en modalidade intensiva e 100 % presencial entre o 20 de xuño e o 26 de xullo de 2026 en Santiago de Compostela.

A formación impartirase na sede de Cáritas Interparroquial de Santiago, situada na rúa Hospitaliño, 2 bis, e está dirixida a persoas maiores de 18 anos que conten co título de Monitor/a de Tempo Libre e teñan finalizada a ESO.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o venres 5 de xuño ás 14.00 horas. As inscricións poderán realizarse de forma presencial ou telemática mediante o envío da documentación ao correo electrónico da escola.

O curso contará cun total de 150 horas de formación teórica e abordará materias relacionadas coa dirección de equipos, planificación de proxectos, lexislación, educación en valores, xestión económica ou prevención de riscos laborais, entre outras.

O prezo xeral da matrícula será de 200 euros, con descontos para persoas titulares do Carné Xove, estudantes, familias numerosas, persoas desempregadas de longa duración e voluntariado de Cáritas. Ademais, habilitaranse bolsas para persoas en situación de vulnerabilidade social.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 981 552 140 ou no correo electrónico etl.cdsantiago@caritas-santiago.org.

Comments