Skip to main content

Valdoviño contratará catro peóns forestais para tarefas de limpeza de montes e xestión de biomasa ao abeiro do programa APROL Rural 2026

O Concello de Valdoviño aprobou a convocatoria e as bases reguladoras para a contratación temporal de catro peóns forestais destinados á execución do proxecto “Limpeza de montes e xestión de biomasa”, financiado a través do programa APROL Rural 2026 da Xunta de Galicia.

Características dos postos

As persoas seleccionadas serán contratadas a xornada completa durante un período de nove meses.

Principais funcións:

  • Limpeza e mantemento de montes.
  • Xestión da biomasa vexetal.
  • Prevención de incendios forestais.
  • Protección e conservación dos espazos naturais.
  • Traballos de conservación da riqueza biolóxica e ambiental do municipio.

A retribución establecida será de 1.424,50 euros brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Requisitos

As persoas candidatas deberán:

  • Estar inscritas como demandantes de emprego non ocupadas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Ser remitidas ao Concello mediante sondaxe realizada pola oficina de emprego.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Posuír o certificado Celga 1 ou equivalente, ou superar a correspondente proba de galego.
  • Cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Colectivos prioritarios

Terán preferencia as persoas con especiais dificultades de inserción laboral, entre elas:

  • Participantes en programas de formación e emprego relacionados co sector forestal.
  • Persoas en risco de exclusión social.
  • Mulleres, especialmente vítimas de violencia de xénero.
  • Menores de 30 anos.
  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas con discapacidade.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas trans.
  • Persoas emigrantes retornadas ou estranxeiras con autorización de residencia e traballo.

Sistema de selección

O proceso realizarase mediante oposición, consistente nunha proba práctica relacionada coas funcións do posto.

A puntuación máxima será de 10 puntos e será necesario obter un mínimo de 5 puntos para superar a selección.

Presentación de solicitudes

As persoas candidatas serán previamente seleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Unha vez contactadas polo Concello, disporán de cinco días hábiles para presentar a solicitude e a documentación requirida.

 

BOP CORUÑA

Comments