Valdoviño contratará catro peóns forestais para tarefas de limpeza de montes e xestión de biomasa ao abeiro do programa APROL Rural 2026
O Concello de Valdoviño aprobou a convocatoria e as bases reguladoras para a contratación temporal de catro peóns forestais destinados á execución do proxecto “Limpeza de montes e xestión de biomasa”, financiado a través do programa APROL Rural 2026 da Xunta de Galicia.
Características dos postos
As persoas seleccionadas serán contratadas a xornada completa durante un período de nove meses.
Principais funcións:
- Limpeza e mantemento de montes.
- Xestión da biomasa vexetal.
- Prevención de incendios forestais.
- Protección e conservación dos espazos naturais.
- Traballos de conservación da riqueza biolóxica e ambiental do municipio.
A retribución establecida será de 1.424,50 euros brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Requisitos
As persoas candidatas deberán:
- Estar inscritas como demandantes de emprego non ocupadas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Ser remitidas ao Concello mediante sondaxe realizada pola oficina de emprego.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Posuír o certificado Celga 1 ou equivalente, ou superar a correspondente proba de galego.
- Cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Colectivos prioritarios
Terán preferencia as persoas con especiais dificultades de inserción laboral, entre elas:
- Participantes en programas de formación e emprego relacionados co sector forestal.
- Persoas en risco de exclusión social.
- Mulleres, especialmente vítimas de violencia de xénero.
- Menores de 30 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas con discapacidade.
- Maiores de 45 anos.
- Persoas trans.
- Persoas emigrantes retornadas ou estranxeiras con autorización de residencia e traballo.
Sistema de selección
O proceso realizarase mediante oposición, consistente nunha proba práctica relacionada coas funcións do posto.
A puntuación máxima será de 10 puntos e será necesario obter un mínimo de 5 puntos para superar a selección.
Presentación de solicitudes
As persoas candidatas serán previamente seleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Unha vez contactadas polo Concello, disporán de cinco días hábiles para presentar a solicitude e a documentación requirida.




Comments