Feira de Emprego - Talentos Xuvenís. Xoves 2 de xullo de 2026
No ámbito do proxecto Desafios Jovens, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg España-Portugal, a Dirección Xeral de Xuventude organiza, o vindeiro 2 de xullo na Cidade da Cultura, a feira de emprego “Talentos Xuvenís”.
Este encontro ten como obxectivo reunir a uns 100 mozos do norte de Portugal e Galicia co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.
Trátase dunha proposta diferente que busca achegar o emprego á mocidade desde unha perspectiva participativa, dinámica e experiencial. Nesta ocasión, serán as persoas mozas as protagonistas da xornada, xerando un espazo no que compartir visións, expectativas, inquietudes e experiencias arredor do emprego, a formación e o desenvolvemento profesional.
A feira nace coa vontade de ofrecer un lugar de encontro no que visibilizar o talento xuvenil, favorecer a reflexión sobre os retos e oportunidades da empregabilidade e contribuír a unha mellor comprensión da realidade das persoas mozas no contexto laboral actual.
Ao longo da mañá as persoas asistentes poderán participar en:
🎤Charlas e conversas arredor do talento, o emprego e as oportunidades de futuro.
🏃♀️Actividades dinámicas e experiencias participativas.
📣 Espazos para compartir opinións, ideas e propostas.
👜 Un mural con ofertas reais de emprego e recursos de interese para a inserción laboral.
🎁 Sorteo de premios entre as persoas asistentes.
🎹 Música e animación durante toda a xornada.
☕ Zona de descanso con comida e bebida.
Queremos crear unha experiencia na que a mocidade poida expresarse, participar activamente e descubrir novas oportunidades nun ambiente próximo, lúdico e acolledor.
📅 Data: xoves, 2 de xullo
🕒 Horario: de 10:00 a 15:00 horas
📍 Lugar: Salón de Convencións – Edificio CINC, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
PROGRAMA
| 10:00 – 10:30 h | Inauguración |
|---|
| Benvida institucional e presentación da feira. |
| PONENCIAS |
| 11:00 – 11:30 h | Intelixencia artificial: amiga ou inimiga na busca de emprego? |
| Reflexión sobre o impacto da IA nos procesos de busca de emprego e as oportunidades que ofrece para mellorar a empregabilidade. |
| 11:30 – 12:00 h | Saíndo do convencional: mocidade impulsando proxectos con valor |
| Experiencias inspiradoras de emprendemento e proxectos liderados por persoas novas. Proxecto “Portorixe” Ocio y Actividad. |
| 12:30 – 13:30 h | Probando, probando... entrevistas de traballo en directo |
| Simulación práctica de entrevistas para coñecer claves, erros frecuentes e recomendacións para afrontar procesos de selección. |
| 13:30 – 14:00 h | Fai que te lembren: que din de ti cando non estás? |
| A importancia da marca persoal, do autocoñecemento e de construír unha identidade profesional diferenciadora. |
| 14:00 – 14:30 h | Mesa de debate xuvenil: Rompendo tópicos, apostamos polo talento novo |
| Espazo de diálogo e reflexión sobre as oportunidades, os retos e o potencial da mocidade no ámbito laboral. Modera o equipo de Ronsel e participan diferentes mozos e mozas en busca activa de emprego. |
| 14:30 – 15:00 h | Clausura |
| Sorteo de premios entre aquelas persoas que pasasen por todos os stands e peche da xornada. |
| STANDS E ACTIVIDADES |
|---|
| Zona de retos |
| Espazo de actividades prácticas para o desenvolvemento de competencias transversais como a planificación, a estratexia, o traballo en equipo, a toma de decisións e a resolución de problemas. Contará coas seguintes dinámicas: 1. Beer Pong 2. Gafas de realidade virtual 3. Pista de números |
| Zona de experiencias |
| Stand de orientación laboral Stand de emprendemento Stand de arteterapia e creatividade Stand da Dirección Xeral de Xuventude |
| Zona social e de descanso |
| Podcast móbil |
| Mural de ofertas |
Este proxecto conta ademáis coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional.
INSCRICIÓN GRATUÍTA NO QR

*Haberá servizo de buses lanzadeira desde a Estación Intermodal de Santiago ata a Cidade da Cultura (saída ás 9:30h e volta ás 15:30h)*




Comments