Skip to main content
proxecto literario

Premio Exeria a proxectos de creación literaria no Concello de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela convoca o Premio Exeria a proxectos de creación literaria, un certame que ten por obxecto incentivar a creatividade e a creación literaria escritas en lingua galega. Este premio pretende fornecer os escritores e escritoras de Galicia un espazo, un tempo e un contexto no que desenvolver en condicións óptimas o proxecto literario premiado cunha dedicación exclusiva dentro dun ámbito internacional. Esta convocatoria conta coa colaboración da Residencia Literaria 1863.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/01/2026_0000004328.html

Comments