Concurso Nacional "Una Constitución para todos"
O Ministerio de Educación convoca o Concurso Nacional "Unha Constitución para todos. España en Democracia e Liberdade"
O obxectivo deste certame é recoñecer e premiar os traballos do alumnado que contribúan, desde os ámbitos da educación, ao coñecemento e valoración da Constitución Española como norma fundamental do Estado social e democrático de Dereito, así como á apreciación da democracia como forma de organización social e política baseada nos dereitos, liberdades e valores que sustentan a convivencia en España, promovendo igualmente o rexeitamento a calquera forma de opresión, autoritarismo ou negación dos devanditos principios democráticos.
Requisitos:
Alumnado matriculado nos centros docentes que imparten ensinos non universitarios do sistema educativo español.
- Modalidade A.- 1º e 2º curso de Educación Primaria.
- Modalidade B.- 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
- Modalidade C.- Educación Secundaria Obrigatoria, Ciclos Formativos de Grao Básico, Educación Especial e Educación de Persoas Adultas.
- Modalidade D.- Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio, Ensinos de Réxime Especial e Ciclos Formativos de Grao Superior.
Dotación:
O premio constará de diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.500 euros para participación individual do alumnado ou 4.500 € para participación en grupo de alumnos.
Poderán presentarse traballos nos seguintes formatos:
- Ficción narrativa: relato, conto.
- Ensaio e investigación: artigo xornalístico, reportaxe, entrevistas, investigación histórica ou sociolóxica.
- Creación plástica: cómic, debuxo, pintura, poesía visual.
- Creación audiovisual: elaboración de vídeo, cuxo contido poderá referirse a un debate, unha dramatización ou microteatro, unha canción ou interpretación musical.
Período de inscrición: Desde o 19/06/2026 ata o 19/10/2026
Máis información: Ministerio de Educación




Comments