Ir o contido principal
constitución

Concurso Nacional "Una Constitución para todos"

O Ministerio de Educación convoca  o Concurso Nacional "Unha Constitución para todos. España en Democracia e Liberdade"

O obxectivo deste certame é recoñecer e premiar os traballos do alumnado que contribúan, desde os ámbitos da educación, ao coñecemento e valoración da Constitución Española como norma fundamental do Estado social e democrático de Dereito, así como á apreciación da democracia como forma de organización social e política baseada nos dereitos, liberdades e valores que sustentan a convivencia en España, promovendo igualmente o rexeitamento a calquera forma de opresión, autoritarismo ou negación dos devanditos principios democráticos.

Requisitos:
Alumnado matriculado nos centros docentes que imparten ensinos non universitarios do sistema educativo español.

  • Modalidade A.- 1º e 2º curso de Educación Primaria.
  • Modalidade B.- 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
  • Modalidade C.- Educación Secundaria Obrigatoria, Ciclos Formativos de Grao Básico, Educación Especial e Educación de Persoas Adultas.
  • Modalidade D.- Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio, Ensinos de Réxime Especial e Ciclos Formativos de Grao Superior.

Dotación:
O premio constará de diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.500 euros para participación individual do alumnado ou 4.500 € para participación en grupo de alumnos.

Poderán presentarse traballos nos seguintes formatos:

  • Ficción narrativa: relato, conto.
  • Ensaio e investigación: artigo xornalístico, reportaxe, entrevistas, investigación histórica ou sociolóxica.
  • Creación plástica: cómic, debuxo, pintura, poesía visual.
  • Creación audiovisual: elaboración de vídeo, cuxo contido poderá referirse a un debate, unha dramatización ou microteatro, unha canción ou interpretación musical.

Período de inscrición: Desde o 19/06/2026 ata o 19/10/2026

Máis información: Ministerio de Educación

Comments