Skip to main content
Xeración Emprende

Xeración Emprende. A ruta rural do emprendemento xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha unha iniciativa que ten a finalidade de achegar ao territorio rural galego recursos, ferramentas e oportunidades para favorecer o emprendemento, a empregabilidade e o desenvolvemento profesional da mocidade e das mulleres mediante un modelo participativo e de proximidade.

O programa combina accións presenciais, formación en liña e actividades de mentorizaxe; creando un itinerario completo que permite ás persoas participantes descubrir o seu potencial, adquirir novas competencias e avanzar na construción do seu proxecto profesional ou emprendedor. 

O programa está dirixido principalmente á mocidade e ás mulleres do rural galego.

Máis información

Comments