Skip to main content
revenidas

Revenidas

10–13 Setembro / 11:00 / Vilaxoán de Arousa (Pontevedra)

Este setembro o porto de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) volverá converterse no epicentro da música alternativa e a cultura galega coa celebración do Revenidas, un festival que ofrece unha experiencia única que combina concertos, gastronomía, circo e actividades para toda a familia.

Durante catro días Vilaxoán encherase de propostas musicais de xéneros que van desde o punk e o ska ata a música tradicional galega. Os artistas xa confirmados no cartel deste 2026 son Evaristo Páramos, Kumbia Queers, Rebeliom do Inframundo, Süne, Ilan Amores, Arrhythmia e Nadie González.

https://concertosdoxacobeo.gal/evento/revenidas/2026-09-10/

Comments