Correspondentes Universitarios/as
Encetado o curso 2026/27, chega unha nova edición do programa Correspondentes Universitarios/as.
Queres exercer de antena informativa no teu campus/residencia/facultade? Neste programa coñecerás de primeira man os programas, convocatorias, bolsas, certames... e outras iniciativas análogas dirixidas á mocidade, co obxectivo de que poidas sacarlles proveito e de que informes aos teus compañeiros/as de todas estas oportunidades.
Cales serán as túas funcións?
- Difundir entre os teus compañeiros/as de universidade, residencia, club deportivo, contorna de iguais... a información sobre os distintos programas, oportunidades e iniciativas para a xuventude, sobre todo as accións promovidas pola Xunta de Galicia ou pola Universidade.
- Adoptar un rol bidireccional no que informes o servizo de Información Xuvenil da Xunta de calquera iniciativa ou convocatoria que consideres que merece ser difundida por nós.
- Xestionar un taboleiro ou sistema de divulgación da información na túa facultade ou residencia.
- Coorganizar co resto de correspondentes do teu campus unha xornada de información xuvenil.
- Asistir ás reunións de coordinación e formación ás que sexas convocado/a.
A cambio, ademais de ter información de calidade e con celeridade, poderás solicitar á túa Universidade a convalidación das horas dedicadas ao programa por ECTS. Dependendo de onde estudes, a convalidación será:
UVigo: ata un máximo equivalente ao 10% dos ECTS totais do teu plan de estudos, coa correspondencia de 1 crédito por cada 25 horas.
USC: ata un máximo de 3 ECTS por ano académico e coa correspondencia de 1 crédito por cada 25 horas.
UDC: ata un máximo de 3 ECTS por ano académico e coa correspondencia de 1 crédito por cada 20 horas.
Para inscríreste cubre o seguinte formulario antes do 31 de outubro.




Comments