Ir o contido principal
inf

Correspondentes Universitarios/as

Encetado o curso 2026/27, chega unha nova edición do programa Correspondentes Universitarios/as.

Queres exercer de antena informativa no teu campus/residencia/facultade? Neste programa coñecerás de primeira man os programas, convocatorias, bolsas, certames... e outras iniciativas análogas dirixidas á mocidade, co obxectivo de que poidas sacarlles proveito e de que informes aos teus compañeiros/as de todas estas oportunidades.

 

Cales serán as túas funcións?

- Difundir entre os teus compañeiros/as de universidade, residencia, club deportivo, contorna de iguais... a información sobre os distintos programas, oportunidades e iniciativas para a xuventude, sobre todo as accións promovidas pola Xunta de Galicia ou pola Universidade.

- Adoptar un rol bidireccional no que informes o servizo de Información Xuvenil da Xunta de calquera iniciativa ou convocatoria que consideres que merece ser difundida por nós.

- Xestionar un taboleiro ou sistema de divulgación da información na túa facultade ou residencia.

- Coorganizar co resto de correspondentes do teu campus unha xornada de información xuvenil.

- Asistir ás reunións de coordinación e formación ás que sexas convocado/a.

 

A cambio, ademais de ter información de calidade e con celeridade, poderás solicitar á túa Universidade a convalidación das horas dedicadas ao programa por ECTS. Dependendo de onde estudes, a convalidación será:

UVigo: ata un máximo equivalente ao 10% dos ECTS totais do teu plan de estudos, coa correspondencia de 1 crédito por cada 25 horas.

USC: ata un máximo de 3 ECTS por ano académico e coa correspondencia de 1 crédito por cada 25 horas.

UDC: ata un máximo de 3 ECTS por ano académico e coa correspondencia de 1 crédito por cada 20 horas.

 

Para inscríreste cubre o seguinte formulario antes do 31 de outubro.

Comments