Skip to main content
investigación

Ferrol convoca os Premios de Investigación Concepción Arenal, Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero 2026

O Concello de Ferrol convoca os Premios de Investigación Concepción Arenal, Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero 2026, destinados a apoiar e impulsar traballos de investigación vinculados a diferentes ámbitos universitarios.

Persoas destinatarias:

  • Persoas individuais, con perfil profesional ou investigador, con independencia da súa nacionalidade.
  • Equipos ou grupos multiprofesionais, formados por profesionais, investigadores/as ou por ambos.

Modalidades:

  • Premio Concepción Arenal: Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • Premio Enxeñeiro Comerma: Artes e Humanidades.
  • Premio Antonio Usero: Ciencias da Saúde.

Os traballos poderán abordar os ámbitos sinalados desde unha perspectiva teórica, mediante a análise de experiencias ou feitos concretos, ou como proxectos de futuro. Poderán ter unha perspectiva histórica, actual ou de proxección futura.

Dotación: 10.000 euros para cada un dos tres premios, aos que se aplicarán, se procede, as retencións establecidas pola normativa tributaria.

Prazo de presentación: 30 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

As solicitudes e a documentación que debe acompañalas serán as establecidas nas bases reguladoras, publicadas no BOP da Coruña núm. 193, do 9 de outubro de 2025.

BDNS: 929587.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/21/2026_0000006027.html

Comments