Skip to main content
xgn

XGN Intermax

A XGN Intermax celebrará do 9 ao 11 de outubro a súa 26ª edición na Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, cunha convocatoria que combinará competicións, actividades tecnolóxicas e propostas de lecer dixital baixo o lema World Champions Edition. A edición deste ano incluirá tamén actividades e competicións relacionadas coa vitoria da selección española de fútbol no Mundial.

A maior LAN party de Galicia volverá reunir novas tecnoloxías, informática e lecer  dixital, cunha programación diferenciada para participantes e visitantes. As reservas xa están abertas.

A XGN manterá as súas dúas áreas habituais. A Intranet estará reservada aos inscritos e ofrecerá postos con conexión de altas prestacións, acceso a actividades exclusivas e zona de acampada. Os participantes poderán entrar no recinto o 8 de outubro a partir das 16:00 horas para asistir á preparty, mentres que a actividade principal da Intranet desenvolverase do 9 ao 11 de outubro.

https://codigocero.com/2026/09/21/o-xgn-intermax-lembrara-a-vitoria-esp…

https://26.xgnintermax.gal/gl/

Comments