Skip to main content
material escolar

Axudas municipais para libros, material escolar e comedor escolar en Mos para o curso 2026-2027

O Concello de Mos convoca axudas municipais destinadas ás familias do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para a adquisición de libros e material escolar e para o uso do servizo de comedor escolar durante o curso 2026-2027.

BDNS (Identif.): 932088

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas o pai, a nai, o/a titor/a ou a persoa acolledora do alumnado matriculado no curso 2026-2027 que cumpra os requisitos establecidos nas bases.

Axudas para libros e material escolar:

  • Unidades familiares empadroadas no Concello de Mos, aínda que o alumnado estea escolarizado noutro concello.
  • Unidades familiares non empadroadas en Mos sempre que teñan alumnado matriculado nun centro educativo do Concello de Mos.

Axudas para comedor escolar:

  • Familias con alumnado matriculado en centros públicos de educación infantil de 2.º ciclo ou educación primaria do Concello de Mos que dispoñan de servizo de comedor e non teñan gratuíta a súa utilización.
  • Para esta modalidade, o alumnado deberá estar escolarizado nun centro público do Concello de Mos, con independencia do concello de empadroamento da familia.

Axudas para libros e material escolar

As axudas están destinadas á adquisición de libros e material necesario para as actividades desenvolvidas ou promovidas polo centro educativo.

Poderán incluír, entre outros:

  • Cadernos e material de apoio.
  • Material informático.
  • Material de papelería non reutilizable.
  • Material de manualidades.
  • Licenzas informáticas de aplicacións e libros de texto.
  • Libros.

Queda excluído o material ou os libros de texto que xa sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións.

Non son subvencionables: roupa, calzado, uniformes, estoxos, mochilas, táperes e outros utensilios.

Contías

Nivel educativoContía máxima

Educación infantil (1.º ciclo)Ata 40 €

Educación infantil (2.º ciclo)Ata 80 €

Educación primariaAta 80 €

Educación secundariaAta 80 €

A axuda non poderá superar o 100 % do gasto efectivamente xustificado.

Axudas para comedor escolar

A contía será de 2 € por menú e día por menor beneficiario.

O pagamento realizarase en tres períodos, logo da presentación das facturas e dos xustificantes de pagamento:

  • Setembro-novembro de 2026: xustificación do 10 ao 17 de decembro de 2026.
  • Decembro de 2026-marzo de 2027: xustificación do 12 ao 19 de abril de 2027.
  • Abril-xuño de 2027: xustificación do 9 ao 16 de xullo de 2027.

As persoas solicitantes deberán presentar a documentación correspondente ao primeiro período mesmo no caso de que aínda non se publicase a resolución definitiva das persoas beneficiarias.

Requisitos económicos

Os ingresos que se computarán serán os correspondentes ao exercicio 2025.

A renda familiar calcularase a partir das seguintes casas da declaración do IRPF:

Casa 435 + casa 460 - casa 595

As unidades familiares non deberán superar os seguintes ingresos anuais:

  • 2 membros: 16.800 €
  • 3 membros: 25.200 €
  • 4 membros: 33.600 €
  • 5 ou máis membros: 42.000 €

Para o cálculo tamén se terá en conta o número de membros da unidade familiar e a renda per cápita.

No caso de que a situación económica da unidade familiar empeorase en máis dun 30 % durante 2026 respecto da reflectida no IRPF de 2025, poderá acreditarse esta circunstancia achegando a documentación correspondente aos ingresos do primeiro semestre de 2026.

Orzamento

  • Libros e material escolar: 10.000 €.
  • Comedor escolar: 10.000 € para setembro, outubro e novembro de 2026 e 20.000 € para o período comprendido entre decembro de 2026 e a finalización do curso 2026-2027, condicionados á correspondente consignación orzamentaria.

Prazo e presentación de solicitudes

Prazo: ata o 16 de outubro de 2026.

As solicitudes deberán presentarse desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, mediante o modelo facilitado polo Concello de Mos.

Poderán presentarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello de Mos.
  • Por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.

Documentación

Entre a documentación que deberá acompañar a solicitude figura:

  • DNI da persoa solicitante e, de ser o caso, do/a cónxuxe, titores/as ou familias acolledoras.
  • Libro de familia e, cando corresponda, sentenza xudicial ou convenio regulador.
  • Certificado de convivencia, agás nas unidades familiares empadroadas en Mos.
  • Declaración da renda de 2025 ou certificado negativo de Facenda e xustificantes de ingresos.
  • Vida laboral, cando corresponda.
  • Xustificante de matrícula.
  • Facturas ou documentos equivalentes dos gastos realizados.
  • Xustificante da solicitude do servizo de comedor, no caso desta modalidade.
  • Documentación acreditativa da ausencia de débedas.
  • Certificado do número de conta bancaria.
  • No caso de empeoramento económico superior ao 30 %, documentación acreditativa da situación económica do primeiro semestre de 2026.

As axudas serán compatibles con outras subvencións ou recursos para a mesma finalidade, sempre que o importe total non supere o 100 % do gasto.

Máis información e texto completo da convocatoria: Base de Datos Nacional de Subvencións, BDNS 932088.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/10/01/2026070294

Comments