A Estrada convoca axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2026/2027
O Concello da Estrada convoca axudas municipais destinadas a apoiar os gastos de escolarización de familias en situación de dificultade socioeconómica durante o curso 2026/2027.
Persoas destinatarias
- Unidades familiares empadroadas no Concello da Estrada con menores ao seu cargo.
- Os menores deberán estar matriculados no curso 2026/2027 na segunda etapa de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria nun centro educativo público ou sostido con fondos públicos do municipio.
- A unidade familiar deberá cumprir os requisitos económicos e demais condicións establecidos nas bases da convocatoria.
Modalidades de axuda
- Libros de texto e material escolar: para alumnado do segundo ciclo de educación infantil.
- Comedor escolar: para alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, durante os meses de setembro a xuño.
Contía das axudas
- Material escolar: ata 100 euros por alumno/a.
- Comedor escolar:
- De 0 a 5 puntos: 30 % do gasto.
- De 6 a 10 puntos: 50 % do gasto.
- De 11 ou máis puntos: 75 % do gasto.
- O importe máximo será de 1.000 euros por unidade familiar.
Requisitos económicos
A renda per cápita anual da unidade familiar deberá ser igual ou inferior a:
- 9.360 euros no caso de familias monoparentais.
- 7.920 euros no resto das familias.
Orzamento
A convocatoria conta cun crédito inicial de 35.000 euros, dos que:
- 5.000 euros se destinan a libros e material escolar.
- 30.000 euros se destinan ao servizo de comedor escolar.
Prazo de presentación
O prazo ordinario será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Para as novas matrículas nos centros educativos derivadas de novas incorporacións, establécese un prazo extraordinario ata o 15 de novembro de 2026.
Presentación de solicitudes
As solicitudes poderán presentarse:
- No Rexistro Xeral de Entrada do Concello da Estrada.
- A través da sede electrónica do Concello da Estrada.
- Polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
As solicitudes deberán presentarse acompañadas da documentación acreditativa indicada nas bases da convocatoria.
Máis información
As bases e os anexos estarán dispoñibles na páxina web do Concello da Estrada e na súa sede electrónica.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/10/08/2026072237




Comments