Ir o contido principal
material escolar

A Estrada convoca axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2026/2027

O Concello da Estrada convoca axudas municipais destinadas a apoiar os gastos de escolarización de familias en situación de dificultade socioeconómica durante o curso 2026/2027.

Persoas destinatarias

  • Unidades familiares empadroadas no Concello da Estrada con menores ao seu cargo.
  • Os menores deberán estar matriculados no curso 2026/2027 na segunda etapa de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria nun centro educativo público ou sostido con fondos públicos do municipio.
  • A unidade familiar deberá cumprir os requisitos económicos e demais condicións establecidos nas bases da convocatoria.

Modalidades de axuda

  • Libros de texto e material escolar: para alumnado do segundo ciclo de educación infantil.
  • Comedor escolar: para alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, durante os meses de setembro a xuño.

Contía das axudas

  • Material escolar: ata 100 euros por alumno/a.
  • Comedor escolar:
    • De 0 a 5 puntos: 30 % do gasto.
    • De 6 a 10 puntos: 50 % do gasto.
    • De 11 ou máis puntos: 75 % do gasto.
    • O importe máximo será de 1.000 euros por unidade familiar.

Requisitos económicos
A renda per cápita anual da unidade familiar deberá ser igual ou inferior a:

  • 9.360 euros no caso de familias monoparentais.
  • 7.920 euros no resto das familias.

Orzamento
A convocatoria conta cun crédito inicial de 35.000 euros, dos que:

  • 5.000 euros se destinan a libros e material escolar.
  • 30.000 euros se destinan ao servizo de comedor escolar.

Prazo de presentación
O prazo ordinario será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Para as novas matrículas nos centros educativos derivadas de novas incorporacións, establécese un prazo extraordinario ata o 15 de novembro de 2026.

Presentación de solicitudes
As solicitudes poderán presentarse:

  • No Rexistro Xeral de Entrada do Concello da Estrada.
  • A través da sede electrónica do Concello da Estrada.
  • Polos demais medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

As solicitudes deberán presentarse acompañadas da documentación acreditativa indicada nas bases da convocatoria.

Máis información
As bases e os anexos estarán dispoñibles na páxina web do Concello da Estrada e na súa sede electrónica.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/10/08/2026072237

Comments