Skip to main content
foliada

Chega Foliada, unha aplicación para descubrir e conservar a música tradicional galega

Foliada é unha nova aplicación móbil que nace co obxectivo de promover, conservar e divulgar a música tradicional galega, reunindo nun mesmo espazo cantigas populares para facilitar a súa consulta e difusión.

A aplicación xa está dispoñible de balde en Google Play e permite acceder a un cancioneiro tradicional galego desde o teléfono móbil.

Que ofrece Foliada?

  • Consultar e buscar letras de cantigas tradicionais galegas.

  • Filtrar as cantigas por tipo e zona xeográfica.

  • Gardar cantigas como favoritas.

  • Descubrir unha cantiga ao azar.

  • Compartir letras con outras persoas.

  • Consultar as letras sen conexión despois da primeira carga.

  • Achegar novas cantigas e gravacións.

  • Comunicar erros ou datos que precisen revisión.

Un proxecto aberto á colaboración

Detrás de Foliada está o programador web Víctor Cancela, que agradece a colaboración de ogalego.gal, cuxas cantigas contribuíron a conformar unha parte importante do cancioneiro inicial da aplicación. A integración mantén as referencias e as ligazóns ás fontes orixinais, recoñecendo o traballo de divulgación da lingua, da música e da cultura galegas.

A aplicación continuará medrando grazas ás achegas das persoas interesadas na música tradicional, co propósito de ampliar e enriquecer o repertorio dispoñible.

Máis información e descarga:

Descarga Foliada en Google Play

Comments