Bolsas de formación IBM Fundae
IBM, en colaboración con FUNDAE e SEPE, ofrece bolsas para realizar formación en liña e certificada en competencias dixitais moi demandadas no mercado laboral.
Requisitos principais:
- Residir en España.
- Ser maior de 18 anos.
- Priorizar a persoas desempregadas.
Os itinerarios son 100% en liña, prácticos e en español, e a súa duración depende de cada certificado. Non é necesario ter experiencia previa nalgúns programas. É importante consultar as Bases de Participación de cada curso.
Entre as formacións dispoñibles atópanse:
- Data Analytics
- Ingeniería de IA Xenerativa
- Ciberseguridade
- Ciencia de Datos
- Intelixencia artificial Xenerativa
- Agile e Scrum
- Enxeñería de instrucións (Prompt Engineering)
Prazo de inscrición: Desde o 07/10/2026 ata o 31/10/2026
Máis información: SEPE_FUNDAE




Comments