XI Premios lingua e empresa no Concello de Ames
A convocatoria do Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames ten como finalidade promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames, concretamente na actividade empresarial, e recoñecer publicamente a contribución deste sector ao aumento e mellora do uso social do galego.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de candidaturas comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e finalizará o 20 de novembro de 2026.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/20/2026_0000006666.html




Comments