Skip to main content
CIBER.GAL

VI Encontro CIBER.gal

Abre o prazo de inscrición do VI Encontro CIBER.gal.

A sexta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, celebrarse os días 4, 5 e 6 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.

O Encontro está organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Nodo CIBER.gal, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Participantes.

  • Profesionais e persoal directivo de entidades públicas locais, autonómicas e nacionais
  • Profesionais e persoal directivo de entidades do sector que son provedoras de servizos á administración
  • Empresas, profesionais e persoas emprendedoras do sector da ciberseguridade
  • Outros profesionais do tecido empresarial, centros de investigación e de entidades académicas
  • Familias (pais, nais, titores)
  • Centros educativos (profesorado, escolares e adolescentes)
  • Cidadanía en xeral e persoas interesadas

O programa da sexta edición estrutúrase en tres xornadas con contidos adaptados aos distintos públicos. A primeira estará orientada á Administración Pública; a segunda, ao tecido empresarial, ao emprendemento e ao ámbito profesional; e a terceira terá un carácter divulgativo, cunha atención especial á comunidade educativa e á cidadanía.

As tres xornadas poderán seguirse de forma presencial ou en liña, previa inscrición en liña, con prazas limitadas para a asistencia física. A participación é totalmente gratuíta ata completar aforo.

Como novidade, este ano os asistentes terán a oportunidade de coñecer, previa inscrición, as instalacións, capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial. 

As inscricións estarán abertas ata completar aforo. Accede ao apartado de INSCRICIONS para consultar as actividades dispoñibles e reservar a túa praza.

 

Comments