Skip to main content
FESTIGUAL

Festigual 2026

O festival celebra a súa décima edición do 4 ao 19 de novembro cunha programación que abrangue disciplinas como a música, o teatro, a danza, o cinema, as artes visuais e a realidade virtual.

FESTIGUAL inaugurará a súa décima edición o 4 de novembro no Teatro Rosalía de Castro cunha gala musical que reunirá sobre o escenario artistas que pasaron polo festival ao longo destes dez anos. Baixo o título «Mulleres pola inclusión», a gala contará con Guadi Galego, A banda da Loba, Uxía Senlle e Chungo Pastel, nun acto presentado por Leti da Taberna e Corina Alfonso. A proposta recoñece o talento feminino que formou parte da programación de FESTIGUAL desde a súa primeira edición.

Datas:
Do 4 ao 19 de novembro

Máis información:
Festigual

 

Comments