Skip to main content
CORRESPONDENTES

O IES As Fontiñas de Santiago de Compostela participa no programa Correspondentes Xuvenís co proxecto ACADIX

O IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela, comparte unha fotografía do seu equipo de Correspondentes Xuvenís, formado por alumnado e profesorado de 1º e 2º curso do Ciclo Formativo de Grao Básico en Servizos Administrativos.

O equipo participa no proxecto ACADIX (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero), unha iniciativa que promove experiencias enriquecedoras, creativas e prácticas mediante actividades conxuntas entre o alumnado.

O proxecto permite traballar de xeito transversal valores como a convivencia, a diversidade, a igualdade e o respecto á diversidade de xénero, empregando recursos motivadores e fomentando a aprendizaxe compartida.

Desde o centro queren agradecer a colaboración e a axuda de toda a comunidade educativa.

Parabéns ao equipo pola iniciativa e polo traballo realizado!

Comments