Skip to main content
carreira

Carreira de atletismo en pista Deputación da Coruña

O IV Circuito Deputación da Coruña de Atletismo en Pista ten por obxecto: incentivar o deporte federado nas categorías base, como elemento vertebrador e garante dunha práctica deportiva segura e de calidade, fomentar a práctica de atletismo nas súas diferentes modalidades, impulsar a cohesión social e a participación cidadá na provincia, utilizando o deporte como instrumento de integración e dinamización, promover a provincia e os seus municipios como territorios activos, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través do deporte.

O prazo de inscrición dos participantes para tomar parte no IV Circuito Deputación da Coruña de Atletismo en Pista iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e finalizará ás 20:00 horas do luns anterior a cada proba.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/29/2026_0000006923.html

Comments