Skip to main content
Nadal

Campamento de conciliación Nadal 2026 no Concello de Coristanco

O Concello de Coristanco quere ofertar unha interesante e atractiva opción de conciliación do NADAL 2026/2027; aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno que nos rodea, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio. “Un feitizo no bosque” é unha proposta que ten o seu orixe no ano 2018, e que presenta un programa de actividades culturais, deportivas e recreativas de nadal que pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico, a través dunha metodoloxía activa, participativa, integradora e dinámica que teña aos máis pequenos como protagonistas.

Fíxase un prazo de prescrición dende o día seguinte á publicación oficial no BOP ata o 6 de novembro de 2026.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/11/02/2026_0000007033.html

Comments