Skip to main content
Nadal

Bases do concurso Touro vive o Nadal 2026 no Concello de Touro

Dende o Concello de Touro pretendemos con “Touro vive o Nadal” fomentar a participación da veciñanza na decoración da súa contorna dando así un ambiente festivo o municipio nestas datas tan sinaladas. Propoñemos un concurso de decoración de balcóns, fiestras, fachadas, escaparates, xardíns ou elementos exteriores que sexan totalmente visibles dende o exterior, tanto no núcleo urbano de Fonte Díaz coma no ámbito rural de todo o Concello, que contribúa a mellorar o ánimo de toda a veciñanza e supoña un foco de atracción para os visitantes, para o comercio local e tamén como xeito de valorar a implicación da nosa veciñanza, no ámbito rural e urbano.

O prazo de presentación de solicitudes será dende a publicación das presentes Bases no Boletín Oficial da Provincia ata o 15 de decembro de 2026.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/11/02/2026_0000007030.html

Comments