Skip to main content
árbores de nadal

III Concurso de Árbores de Nadal 2025 – Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño convoca, a través das concellerías de Cultura e Medio Ambiente, o III Concurso de Árbores de Nadal #EcoNADAL, unha iniciativa que promove a creatividade, a participación cidadá e a concienciación ambiental mediante a elaboración de árbores con materiais reciclados e ecolóxicos.

Persoas destinatarias: veciñanza de Tomiño, organizada en grupos de polo menos dúas persoas, sen límite máximo de integrantes. Poderán participar asociacións, familias, grupos de amizades, alumnado, etc.

Características dos proxectos:

  • As árbores deberán elaborarse con materiais reciclados e/ou ecolóxicos.

  • Terán unha altura mínima de 0,90 metros e máxima de 1,50 metros.

  • Deberán ser resistentes ás condicións meteorolóxicas, xa que se expoñerán no exterior.

  • Cada grupo poderá presentar unha única proposta e cada persoa só poderá formar parte dun grupo.

Inscrición: do 9 de novembro ao 9 de decembro de 2026, ambos os dous incluídos, mediante o formulario dispoñible na web municipal.

Ademais, antes do 9 de decembro, será necesario enviar ao correo tecnica.medioambiente@tomino.gal:

  • Unha fotografía da árbore e un pequeno texto descritivo da proposta e dos materiais empregados.

  • Nome, apelidos, data de nacemento, localidade e DNI de todas as persoas integrantes do grupo.

  • No caso de participación de menores de idade, a correspondente autorización asinada polos seus pais, nais ou titores/as legais.

  • A identificación da persoa representante do grupo, responsable do cobramento do premio e dos trámites administrativos.

Exposición das propostas: o venres 18 de decembro, de 8.00 a 13.30 horas, na Praza do Seixo de Tomiño.

Premios:

  • Primeiro premio: 600 €.

  • Segundo premio: 300 €.

  • Terceiro premio: 150 €.

Entrega de premios: o martes 22 de decembro, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.

Máis información e inscricións: www.tomino.gal

BDNS: 938128.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/11/05/2026077026

Comments