Outonos cooperativos 2026
Chega unha nova entrega de Outonos Cooperativos da man do Consello Galego de Cooperativas, en colaboración coa Xunta de Galicia, para achegar o cooperativismo a través de dúas xornadas en dúas cooperativas galegas de recoñecida traxectoria, poñendo no centro as persoas que están detrás dos proxectos e o coñecemento que nace das súas experiencias.
Obxectivos:
-Achegar o cooperativismo a novos públicos desde unha perspectiva próxima e experiencial
-Dar visibilidade ás persoas que están detrás dos proxectos cooperativos e ás súas historias
-Poñer en valor o coñecemento e as aprendizaxes acumuladas polas cooperativas de longa traxectoria
-Amosar o cooperativismo como una opción profesional e emprendedora
-Facilitar o contacto entre cooperativas consolidadas, iniciativas xuvenís e de recente creación, alumnado e persoas emprendedoras
-Xerar contidos audiovisuais que permiten ampliar o alcance da actividade e divulgar o cooperativismo nas redes sociais
Está dirixido a dous públicos principais:
📝 Alumnado de Formación Profesional, especialmente de ciclos relacionados co ámbito de actividade das cooperativas participantes
💼 Persoas emprendedoras ou interesadas en desenvolver novos proxectos, en colaboración cos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
📍15 de decembro ás 12 h- Edificio Bitácora · O Ézaro (Dumbría)
📍16 de decembro ás 12 h- Lugar de A Bouza, 1 · Castrelos (Cambados)
Requerirase inscrición previa a través do seguinte formulario
Máis información en Outonos cooperativos 2026




Comments