Ir o contido principal
Outonos cooperativos 26

Outonos cooperativos 2026

Chega unha nova entrega de Outonos Cooperativos da man do Consello Galego de Cooperativas, en colaboración coa Xunta de Galicia, para achegar o cooperativismo a través de dúas xornadas en dúas cooperativas galegas de recoñecida traxectoria, poñendo no centro as persoas que están detrás dos proxectos e o coñecemento que nace das súas experiencias.

Obxectivos:

 -Achegar o cooperativismo a novos públicos desde unha perspectiva próxima e experiencial
 -Dar visibilidade ás persoas que están detrás dos proxectos cooperativos e ás súas historias
 -Poñer en valor o coñecemento e as aprendizaxes acumuladas polas cooperativas de longa traxectoria
 -Amosar o cooperativismo como una opción profesional e emprendedora
 -Facilitar o contacto entre cooperativas consolidadas, iniciativas xuvenís e de recente creación, alumnado e persoas emprendedoras
 -Xerar contidos audiovisuais que permiten ampliar o alcance da actividade e divulgar o cooperativismo nas redes sociais


Está dirixido a dous públicos principais:

  📝  Alumnado de Formación Profesional, especialmente de ciclos relacionados co ámbito de actividade das cooperativas participantes
  💼  Persoas emprendedoras ou interesadas en desenvolver novos proxectos, en colaboración cos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego


📍15 de decembro ás 12 h- Edificio Bitácora · O Ézaro (Dumbría)

📍16 de decembro ás 12 h- Lugar de A Bouza, 1 · Castrelos (Cambados)


Requerirase inscrición previa a través do seguinte formulario

Máis información en Outonos cooperativos 2026

Comments