
Bolsas de formación en internacionalización empresarial
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo convoca bolsas para a formación de mocidade en internacionalización empresarial.
As axudas instrumentalizaranse en varias fases:
1. Fase 0: "Master". ICEX asumirá os custos do Máster oficial, excepto o prezo público, que se abonará directamente polo alumno ou alumna. ICEX concederá ademais unha dotación de 500 euros por beneficiario ou beneficiaria para afrontar os gastos de transportes e manutención durante o período do Máster oficial. A axuda poderá elevarse a 2.000 euros nos casos de empadroamento distinto á Comunidad de Madrid desde polo menos 3 anos antes da data de publicación desta convocatoria.
2. Fase I: "Prácticas en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior". As dotacións brutas individuais anuais dependerán da Oficina de destino, abarcando desde 22.700 euros ata 48.500 euros.
3. Fase II: "Prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais". Para o cálculo das contías individualizadas utilizarase o mesmo procedemento establecido para a Fase I.
Requisitos:
- Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
- Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1997.
- Ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario.
- Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés (mínimo B2 do MCERL).
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 2 de abril de 2025 ás 14:00 h.
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2025
www.icex.es/becas
Comments