Ir o contido principal
bolsas icex

Bolsas de formación en internacionalización empresarial

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo convoca bolsas para a formación de mocidade en internacionalización empresarial.

As axudas instrumentalizaranse en varias fases: 
1. Fase 0: "Master". ICEX asumirá os custos do Máster oficial, excepto o prezo público, que se abonará directamente polo alumno ou alumna.  ICEX concederá ademais unha dotación de 500 euros por beneficiario ou beneficiaria para afrontar os gastos de transportes e manutención durante o período do Máster oficial. A axuda poderá elevarse a 2.000 euros nos casos de empadroamento distinto á Comunidad de Madrid desde polo menos 3 anos antes da data de publicación desta convocatoria.
2. Fase I: "Prácticas en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior". As dotacións brutas individuais anuais dependerán da Oficina de destino, abarcando desde 22.700 euros ata 48.500 euros.
3. Fase II: "Prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais". Para o cálculo das contías individualizadas utilizarase o mesmo procedemento establecido para a Fase I. 

Requisitos:
-  Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
-  Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1997.
-  Ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario. 
-  Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés (mínimo  B2 do  MCERL).
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 2 de abril de 2025 ás 14:00 h.

Máis información no BOE do 18 de marzo de 2025
www.icex.es/becas 

Comments