Skip to main content
cantoConto

Obradoiro de creación "Canto como Conto"

A Escola de Escritoræs da AELG, coa colaboración do Concello de Pontevedra, convoca o Obradoiro de creación literaria "Canto como Conto" impartido por Cristal Méndez (Maga de Voz).

Dirixido a persoas que utilizan a voz e a expresión oral  (poetas, contacontos, actrices e actores, locutores, cantantes etc. ) e que procuran unha comunicación máis auténtica, profunda e persoal co público.

Este Obradoiro aborda a estreita relación entre música, canto, fala, emoción e sensación, revisando a complexa convivencia entre a linguaxe verbal e a musical.

Datas: Do 12 de abril de 2025 ao 24 de maio de 2025
 
Prazas: 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos.

A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase mediante correo electrónico en oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro. As prazas asignaranse por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).

Calendario

- Días: sábados 12 e 26 de abril; e 3, 10 e 24 de maio de 2025.

- Horarios: de 10:30 a 13:30 h.

Máis información: AELG actividades 
 

Comments