
Obradoiro de creación "Canto como Conto"
A Escola de Escritoræs da AELG, coa colaboración do Concello de Pontevedra, convoca o Obradoiro de creación literaria "Canto como Conto" impartido por Cristal Méndez (Maga de Voz).
Dirixido a persoas que utilizan a voz e a expresión oral (poetas, contacontos, actrices e actores, locutores, cantantes etc. ) e que procuran unha comunicación máis auténtica, profunda e persoal co público.
Este Obradoiro aborda a estreita relación entre música, canto, fala, emoción e sensación, revisando a complexa convivencia entre a linguaxe verbal e a musical.
Datas: Do 12 de abril de 2025 ao 24 de maio de 2025
Prazas: 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos.
A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase mediante correo electrónico en oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro. As prazas asignaranse por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.
O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).
Calendario
- Días: sábados 12 e 26 de abril; e 3, 10 e 24 de maio de 2025.
- Horarios: de 10:30 a 13:30 h.
Máis información: AELG actividades
Comments