O programa Galicia Moza con ALMA é un programa de inclusión social da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixido ás persoas mozas máis desfavorecidas que teñen dificultades para acceder ao traballo ou á formación por diversos motivos, tanto individuais como estruturais.
O obxectivo deste programa é outorgar ferramentas ás persoas mozas vulnerables inscritas no SNGX para que se integren na sociedade, accedendo a un emprego ou a unha formación.
Galicia Moza con Alma ofrece ás persoas mozas vulnerables:
- unha formación personalizada en habilidades e competencias para o emprego;
- practicas formativas non laborais, titorizadas, de dous a tres meses nun país da UE,
- e ao seu regreso, o apoio continuado para empregar as novas capacidades adquiridas na busca de emprego ou para seguir estudando.

Enlace ao DOG do 28 de xaneiro de 2026
Prazo de presentación de solicitudes: do 29 de xaneiro ao 2 de marzo;
Sede Electrónica (Código de procedemento CT510A)
