Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e as capacidades da xuventude galega, nas modalidades de ciencia, rural, deporte, empresa e cultura e creación.
A quen vai dirixido?
Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
- Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
- Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.
Quen pode participar?
“Xuventur” está dirixido á xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa Comunidade Autónoma.
Premios
- Outorgarase un premio de 5.000 € en cada unha das modalidades.
- As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.
As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en: https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2021.
Máis información no DOG do 30 de marzo de 2021

Talento mozo online
Podes consultar as entrevistas de Talento Mozo Online na canle IGTV de Xuventude #TalentoMozoOnline.