Pasar al contenido principal
 

Por que se consumen?

Existen poucos asuntos tan cheos de estereotipos e de prexuízos como o consumo de drogas. Pensamos que estamos ben informados pero na práctica a información que temos é moi limitada.

Ás veces nos relacionamos coas drogas para experimentar certas sensacións, para non sentirnos diferentes, para evadirnos de certas preocupacións, etc. Non nos paramos a pensar que eses mesmos efectos os podemos conseguir doutras maneiras sen que a nosa saúde se vexa afectada. Na mocidade é frecuente a búsqueda de experiencias e sensacións intensas e novas, para acadalas podemos elexir entre moitas alternativas: deportes de aventura, o amor, a música, o baile, colaboracións con ONG’s, viaxar, coñecer xente nova…

Cando somos mozos, ás veces non valoramos a relación entre as accións de hoxe e as consecuencias do mañá, sentímonos indestructibles e invulnerables. Isto pode dar lugar a decisións arriscadas que non só afectan á nosa saúde física senón tamén ás relacións coa nosa familia, coas amizades, coa parella, á nosa autoetima, a forma que temos de resolver as dificultades, etc.

Para que?

Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de facilitar unha información e asesoramento de calidade na relación coas drogas, promovendo e fomentando a toma de decisións responsable.

Obxectivos específicos:

  • Canalizar positivamente a curiosidade cara actividades constructivas e saudables.
  • Compartir unha información fiable sobre as drogas e os riscos asociados ao seu consumo, co fin de favorecer unha toma de decisións libre.
  • Estimular a autoestima co obxecto de reducir a influencia da presión grupal.
  • Promover unha vivencia rica do tempo libre.
  • Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsables para un mesmo e para a comunidade.

Consultas

Un amigo quere que me fume un porro con el, ¿pareceralle mal se lle digo que non e deixará de saír conmigo?

Ás veces os nosos colegas propóñennos acompañalos en experiencias que non sempre queremos compartir, ben porque non nos parecen atractivas, porque sabemos que non nos conveñen, ou porque sinxelamente non temos o mesmo interese. Nesas situacións, xúrdennos dúbidas sobre se as diferentes opinións poden afectar á relación.

Nalgúns casos acabamos facendo o que nos propoñen aínda que non sexa o que nós queremos.

Os porros están feitos con sustancias psicoactivas que poden ter efectos a nivel físico e psíquico que non sempre podemos controlar, é importante ter isto en conta para non expoñernos a situacións non desexadas.

Escoitei unha información contradictoria, escoitei que o alcol xeneraba euforia e tamén que xeneraba depresión, ¿cal é a información acertada?

É certo que moitas veces a información que podemos recibir por distintas vías pode ser contradictoria. Como ben estás facendo, contrastar e verificar o que escoitamos é unha das mellores opcións.

O alcol é un depresor do sistema nervioso central, é dicir, ralentiza as funcións vitais a doses altas. Sen embargo, a doses baixas ou moderadas pode provocar estados de euforia e de estimulación, podendo confundirse cun estimulante.

Os seus efectos inmediatos poderían ser a euforia, desinhibición, relaxación ou aumento da sociabilidade. A medida que aumenta a cantidade inxerida, irán aparecendo dificultade para falar ou para asociar ideas, descoordinación motora ou aumento do tempo de reacción.

Información

Información sobre drogodependencias

Páxinas web de interese

  • www.adolesweb.org
  • pnsd.msssi.gob.es

Ligazóns institucionais

Vitalizate!

Asociacións de axuda a drogodependentes

Documentación

Referentes estratéxicos

- Europeo

- Estatal

  • Estratexia Nacional sobre Drogas 2009-2016. Ministerio de Sanidade e Política Social.
  • Plan de acción sobre drogas 2013-2016. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade 2013.
  • II Plan Estatéxico Nacional da Infancia e Adolescencia 2013 (II PENIA). Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade 2013

- Autonómico

Estudos

- Europeo

- Estatal

  • Publicacións da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas: Informes, memorias, epidemioloxía, guías, manuais de prevención.
  • Observatorio Español sobre Drogas (OED)

- Autonómico

  • Tratamiento Sergas

- Admisións a tratamentos por consumo de substancias psicoactivas. Memoria 2012

- Indicador de mortandade por reacción aguda a substancias tóxícas. 2011

- Admisión a tratamento por consumo de substancias psicoactivas. Memoria 2011

- Sistema de avaliación asistencial. Táboas 2010

- Indicador de mortalidade por reacción aguda a substancias psicoactivas. Táboas 2010

- Memoria do Sistema de Avaliación Asistencial 2009

- Indicador de mortalidade por reacción aguda a substancias psicoactivas. Taboas 2009

- O consumo de drogas en Galicia. Ano 2009

- Indicador de mortalidade por reacción aguda a sustancias psicoactivas. Ano 2008

Boas prácticas

- Europeo

  • Guía de Intervención mhGAP para os trastornos mentais, neurolóxicos e polo uso de substancias no nivel de atención da saúde especializada

- Estatal

  • Guía de estratexias preventivas para reducir a conducción baixo os efectos do alcohol e outras substancias psicoactivas

- Autonómico

Campaña Happy Hour: engánchate á vida sa