Colocar un DIU antes das 120 horas (5 días) despois do coito de risco, tamén prevén eficazmente o embarazo e, igual que a pílula poscoital, só prevén o embarazo, nunca as ETS.
Só se usa entre as 72 e 120 horas poscoito (de 3 a 5 días) ou, nas raras ocasións nas que a muller teña un serio trastorno dixestivo e non poida tomar tratamento oral, a partires do primeiro momento.
Esixe exploración xinecolóxica e tratamento analxésico previos. Se cres que estás no caso de ter que facer uso deste método, consulta no teu Centro de asesoramento afectivo-sexual, ou directamente no Centro de Orientación Familiar, para asesoramento e colocación.
