Ir o contido principal
 

O formulario de solicitude abrirá o vindeiro dia 2 de maio ás 9:00h.

A CORUÑA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

150001 Lembrado a nosa pegada Outes A Coruña 12/07/2025
23/07/2025
18-30 15

ficha informativa

Campo social e patrimonial que traballará na mellora da sinaléctica e na posta en valor dun conxunto de Dolmens do Alto das Mámoas. No eixo social, farán unha mediación e acompañamento coas persoas maiores.
150002 Vilarbó A Pontes A Coruña 15/07/2024
26/07/2024
18-30 15 ficha informativa O obxectivo principal deste campo de voluntariado ambiental é a custodia do territorio mediante a conservación e a recuperación das fragas e o bosque de ribeira no entorno do río Eume e a divulgación das Fragas Atlánticas de Vilarbó, para que xeracións presentes e futuras poidan gozar da súa paisaxe e biodiversidade. Desenvolveranse labores de plantación e reforestación, limpeza das beiras do río Eume, construcción dun hotel para abellas, colocación de caixas niño e comedeiros, inventario de especies, etc.
150003 Luces de Boimorto  Boimorto A Coruña 21/08/2025
01/09/2025
18-30 15 ficha informativa

Neste campo colaborarase na organización e posta en marcha do “festival da Luz" que se vén desenvolvendo en Boimorto dende o ano 2012 con fins solidarios, tanto nos días previos como durante o propio festival, permitindo que o voluntariado poida desfrutar da experiencia única de vivir un festival de música desde dentro.

150004 Monte sacro Vedra - Boqueixón A Coruña 21/07/2025
01/08/2025
18-30 15 ficha informativa Neste campo de voluntariado desenvolverase unha intervención de recuperación medioambiental e etnográfica así como  actividades de intervención sociocultural.
150005 Monte da Espenuca Coirós A Coruña 21/07/2025
01/08/2025
18-30 15 ficha informativa  Un campo de voluntariado medioambiental co que se pretende recuperar un bosque autóctono e manter e mellorar os ecosistemas asociados, así como mellorar o entorno dun lugar de interese ambiental, cultural e patrimonial, traballando na eliminación especies exóticas invasoras. Desenvolveranse tarefas de limpeza de maleza, corta de especies alóctonas e protección das autóctonas, etc.
150006 Castro de Montes Claros   A Laracha A Coruña 03/08/2025
14/08/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de voluntariado medioambiental e arqueolóxico no que as persoas participantes farán labores de mantemento e conservación de bens arqueolóxicos, tarefas que se complementan con accións formativas e divulgativas sobre a conservación do patrimonio cultural. Farase identificación de estruturas do poboado fortificado; aprender a mirar e identificar as paisaxes prehistóricas; labores de impeza de maleza e broza e recollida de lixo nas áreas escavadas; acondicionamento dos accesos, etc.
 150007  Amicos A Pobra do Caramiñal A Coruña 04/07/2025
15/07/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de temática medioambiental e social para  fomentar entre a mocidade os valores da solidariedade e o compromiso coa comunidade, especialmente, coas persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade ou desprotección. Xerarase un grupo de traballo diverso no que a mocidade aprenda o valor da diversidade e comparta unha mesma misión: conservar o patrimonio natural e cultural galego dende unha perspectiva solidaria e inclusiva. 

 

LUGO:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

270001 Xuventude e Camiño, Palas Palas de Rei Lugo 12/08/2025
23/08/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de temática cultural e dinamizadora onde as persoas voluntarias do Camiño, no seu percorrido diario en bici, darán información sobre o Camiño, etapas, etc, apoio e ánimo ademais doutras actuacións de dinamización. Acometeranse tamén accións de acondicionamento de sendeiros no contorno do Camiño e na área do albergue de peregrinos dos Chacotes, faranse actuacións dinamizadoras.
270002 Fervenza do Pozo do Batán Quiroga Lugo 23/07/2025
03/08/2025
18-30 15 ficha informativa O obxectivo deste campo de voluntariado é a recuperación dun ben patrimonial, como é a Pena Furada, un túnel escavado polos romanos para conducir auga a varias minas de ouro, moi presentes na zona. Desbroce e limpeza por medio de ferramentas adecuadas para crear unha ruta de acceso a Pena Furada, limpeza e sinalización do entorno, etc.
270003 Castro da Torre O Courel Lugo 15/07/2025
26/07/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de voluntariado patrimonial no que se actuará nun espazo arqueolóxico para poñer en valor o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel e para promover iniciativas futuras no seu entorno. A liña principal do campo de voluntariado é a posta en valor do Castro da Torre. Os traballos irán dirixidos á limpeza da vexetación invasora do castro, sen tocar estruturas de ningún tipo; desbroce e limpeza, creación de catálogos e medidas e propostas para o concello a través de tres ODS e aprendizaxe sobre a Axenda 2030, etc.
270004 Friulio Friol Lugo 28/08/2025
08/09/2025
18-30 15 ficha informativa  Campo etnográfico e medioambiental para a mellora do castro de Friulio, colaborando na restauración e consolidación de diversas estructuras (tellados vexetais das pallozas, fornos, etc) e na sinalización dos accesos a través do paseo fluvial. Ademais participarase na organización e execución da IV Malla no Castro Friulio, no que se trata de recuperar a tradición da malla do trigo, que era moito máis que a criba dos cereais.
270005 Castro e romeria de San Lourenzo A Pobra do Brollón Lugo 01/08/2025 12/08/2025 18-30 15 ficha informativa   Neste campo de voluntariado as persoas participantes involúcranse cunha pequena comunidade rural para axudar na posta en valor do seu castro, así como na organización da Romaría de San Lourenzo que se realiza no propio xacemento.
270006 Ancares Navia de Suarna Lugo 10/08/2025 21/08/2025 18-30 15 ficha informativa O campo ten por obxetivo o desenvolvemento de varias accións de voluntariado na aldea de Vilela: Coñecer as excavacións arqueolóxicas no Castro do Teso da Ermida.
 270007 Castro de Viladonga Castrro de Rei Lugo 26/08/2025
06/09/2025
18-30 25 ficha informativa Este campo de voluntariado vai permitir a convivencia e o intercambio de experiencias entre participantes galegos e mozos e mozas da Galicia exterior, descendentes de emigrantes galegos, que participarán conxuntamente en actividades de voluntariado vinculadas co patrimonio cultural galego, ademais de gozar dun programa de actividades de tempo libre.

 

OURENSE:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

320001 Parque natural do Xurés Muiños Ourense 26/08/2025
06/09/2025
18-30 15 ficha informativa Campo medioambiental no que tomando as árbores como lenzos e a paisaxe como elemento invitado, preténdese converter o parque Outeiro de Cela nun entorno referente e atractivo, cheo de cores e obras de arte para os visitantes que se acheguen. Se construirán hoteis para insectos con pallets vellos e materiais naturais, refuxios e comedeiros para aves, limpeza dunha ruta, etc.
320002 Esgos Esgos Ourense 23/08/2025
03/09/2025
18-30 15 ficha informativa É un campo de voluntariado etnográfico que ten como finalidade recuperar a memoria etnográfica e patrimonial dos lugares do Concello de Esgos, con recollida de fotografías sobre o pasado de Esgos; labores de catalogación de lavadoiros, fontes, petos de ánimas, cruceiros... creando un catálogo dixital, unha exposición virtual mediante a plataforma Mozilla Hubs e un mural etnográfico sobre a historia de Esgos.
320003  Viaxa pola Istoria  Ribadavia Ourense 04/07/2025
15/07/2025
18-30 15 ficha informativa Neste campo cultural e festival centrado na “Festa da Istoria” colaborarase na organización e dinamización deste evento. Tratarase dunha posta en contacto das participantes coa historia medieval de Ribadavia
320004 Vida Salvaxe Entrimo Ourense 15/07/2025
26/07/2025
18-30 15 ficha informativa  O obxectivo deste campo é por en valor o patrimonio natural, cultural e etnogránico de Entrimo
320005 Loñoá  O Pereiro de Aguiar Ourense 04/07/2025
15/07/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de temática cultural e festival na aldea de Loñoá, famosa pola súa olería. As labores centraranse na recuperación da festa etnográfica de Loñoá co fin de amosar os vellos oficios para poñelos en valor e impedir a súa perda.  Tamén se tratará de amosar a forma tradicional de extracción do barro para a elaboración da olería.
320006 Larouco Vilariño de Conso Ourense 04/07/2025
15/07/2025
18-30 15 ficha informativa Este campo medioambiental e social vai encamiñado á conservación do medio e á difusión e posta en valor dos recursos etnográficos e patrimoniais. Ademais, as persoas participantes poderán coñecer as tradicións da man das veciñas que levan transmitíndoas de maneira oral durante xeracións.
320007 Tra-los pasos da Raiña Santa Bande Ourense 17/08/2025
28/08/2025
18-30 15 ficha informativa Campo etnográfico e cultural que ten como obxectivo principal que as persoas voluntarias, a través dun contacto directo coa poboación local, recuperen historias, tradicións, oficios, saberes, contos e lendas e o folclore propios da comarca da Baixa Limia.
320008 Do audiovisual galego Celanova Ourense 23/07/2025
03/08/2025
18-30 15 ficha informativa  Campo de temática audiovisual e social para tódalas persoas que queiran vivir “un verán de cine,” formando parte dun equipo artístico e creativo que abordará aspectos da produción, rodaxe, postprodución, montaxe e proxección dunha película.

 

PONTEVEDRA:

Código

Campo

Localidade

Provincia

Dende/Ata

Idade

Prazas

Ficha

Descrición

360001  Tradición en verde Lalin Pontevedra 01/08/2025
12/08/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de temática arqueolóxica, etnográfica e medioambiental que persegue como obxectivos, por un lado, a participación na campaña de excavación da Mámoa A Pena do Santo e acondicionamento do Castro de Doade ; e, por outra, a divulgación da cultura e o patrimonio galego a través de varias actuacións no Museo Etnográfico "Casa do Patrón" e a súa contorna, coa elaboración de material informativo, acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños.
360002 Aldea Alfacuca Mos Pontevedra 10/08/2025
21/08/2025
18-30 15 ficha informativa Campo medioambiental para traballar na mellora e posta en valor da aldea Alfacuca , participar nunha campaña para a retirada de especies exóxenas invasoras, fomentando a plantación de árbores autóctonas así como crear unha aula de natureza da propia aldea.
360003 Sendeiros do Louro  O Porriño Pontevedra 10/08/2025
21/08/2025
18-30 15 ficha informativa Campo medioambiental no que se traballará, entre outras, a problemática da expansión de especies exóticas invasoras e a suá extracción.
360004 Rural influencers Cerdedo-Cotobade Pontevedra 06/08/2025
17/08/2025
18-30 15 ficha informativa Este campo de voluntariado propón o reto de poñer en valor a riqueza cultural e patrimonial dos nosos maiores (Rural Influencers) reforzando as relacións e dinámicas que xorden coa mocidade participante. Realizaranse tarefas de dinamización cultural e artística desenvolvendo intervencións de animación (obradoiros, performances, ...) ademais dunha pintura mural de creación comunitaria.
360005  ReseTea Ponteareas  Ponteareas Pontevedra 06/08/2025
17/08/2025
18-30 15 ficha informativa Realizarase unha intervención para a mellora ambiental, patrimonial e do uso público da contorna da praia fluvial de A Freixa.
360006  Costa azul Poio  Pontevedra 23/07/2025
03/08/2025
18-30 15 ficha informativa Este campo medioambiental e mariño xirará en torno a limpeza do litoral mariño por terra e mar polo interior da ría de Pontevedra (Lourido, Combarro, illa de Tambo, Chancelas, ...)
360007 Salvemos o mar Vilanova de Arousa Pontevedra 04/07/2025
15/07/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de temática medioambiental e mariño que se centrará na recuperación ambiental da costa dende a praia das Sinas ata o porto de Vilanova de Arousa, pasando pola praia do Bao, a praia da Braña, a illa da Insuíña, a área de bateas de Vilanova.
360008 A terra que habita no mar O Grove Pontevedra 15/09/2025
26/09/2025
18-30 15 ficha informativa Campo de temática medioambiental que tratará de poñer en valor o concello do Grove a través de traballos de limpeza e extracción de especies invasoras, da recuperación de estruturas de observación ornitolóxica, deseño e colocación de carteis interpretativos nas zonas de actuación, etc
360009 Na procura das fortalezas do Baixo Miño: As torres Tomiño Pontevedra 08/09/2025
16/09/2025
18-30 15 ficha informativa  Neste campo, de temática patrimonial e arqueolóxica, realizaranse unha serie de traballos arqueolóxicos encamiñados á caracterización do sitio de As Torres, identificado no 2020.
360010 Arousa azul Vilanova de Arousa Pontevedra 26/08/2025
06/09/2025
18-30 15 ficha informativa  
360011 Illas Cíes I Vigo Pontevedra 01/07/2025
12/07/2025
18-30 20 ficha informativa Este icónico campo de voluntariado medioambiental que se desenvolve no paraíso das Illas Cíes permitirá colaborar en labores de mantemento da illa, vixiancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque en colaboración cos traballadores do servizo de medio ambiente. Está previsto colaborar na limpeza da illa sur (única illa non comunicada por barco de viaxeiros), aínda que esta actividade depende do Parque Natural e non se poderá realizar en todas as quendas.
360012 Illas Cíes II Vigo Pontevedra 15/07/2025
26/07/2025
18-30 20 (*) ficha informativa  
360013 Illas Cíes III Vigo Pontevedra 01/08/2025
12/08/2025
18-30 20 ficha informativa  
360014 Illas Cíes IV Vigo Pontevedra 17/08/2025
28/08/2025
18-30 20 ficha informativa  
360015 Illas Cíes V Vigo Pontevedra 01/09/2025
12/09/2025
18-30 20 ficha informativa  

(*) 2 prazas reservadas para persoas con discapacidade